MEL DE FLORES

Hoxe Francisco M. Vidal, pai de Mara, estivo na aula de 6º de E.Infantil para falarnos da abella melífera.
Explicounos a importancia que para nós teñen as abellas, tanta que sin elas non poderiamos vivir.

@s nen@s enteráronse que as abellas tamén lles poñen vacinas e que lles gustan as cores claras, do que tomaron nota para a visita a "Apípolis".
Tamén lles mostrou uns panais e ferramentas utilizadas en apicultura como: o botafumeiro, pinzas,cepillo,etc.
E por último ofreceulles unha degustación de mel ecolóxica de flores.




 
                                      
                                    MOITAS GRAZAS!!!
     por compartir este tempo connosco.

Comentarios