xoves, 28 de xaneiro de 2016

MEL DE FLORES

Hoxe Francisco M. Vidal, pai de Mara, estivo na aula de 6º de E.Infantil para falarnos da abella melífera.
Explicounos a importancia que para nós teñen as abellas, tanta que sin elas non poderiamos vivir.

@s nen@s enteráronse que as abellas tamén lles poñen vacinas e que lles gustan as cores claras, do que tomaron nota para a visita a "Apípolis".
Tamén lles mostrou uns panais e ferramentas utilizadas en apicultura como: o botafumeiro, pinzas,cepillo,etc.
E por último ofreceulles unha degustación de mel ecolóxica de flores.




 
                                      
                                    MOITAS GRAZAS!!!
     por compartir este tempo connosco.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

AS ABELLAS

Moi importante a información recopilada polas familias:
Jaime trouxo unha vela feita con cera , un bote de pole e tamén nos leu un conto.
Carlos aportou máis datos sobre o tema e un modelo de abella para facer en plástica que gustou moito.                                                                                        





martes, 26 de xaneiro de 2016

PROXECTO: AS ABELLAS

Que nos traen @s alumn@s?
Mara un traxe de apicultora e dous libros de apicultura.
Martín un libro de información sobre a vida e organización das abellas.

MARCO FALOUNOS DAS MOSCAS



PABLO LEU MOI BEN AS CARACTERISTICAS DO BICHO DO EUCALIPTO, " O GORGULLO"



DARÍO EXPLICOU COMO RECOÑECER A UN BICHO PAU



MARTINA EXPLICOU CAL DOS BICHOS PARECE UN ALIEN, A BARBANTESA



DEVA CONTOUNOS COMO RECOÑECER AS CASCUDAS



JORGE CONTOUNOS QUE SE FORAMOS SALTÓNS PODERÍAMOS SALTAR DOUS AUTOBUSES ALIENADOS



MARLÈNE CONTOUNOS COMO RECOÑECER UNHA CADELA DE FRADE