xoves, 25 de xuño de 2015

venres, 19 de xuño de 2015

Quen levou á Lúa? Nos tamén creamos.


Todos os nenos/as de Educación Infantil, elaboramos unha super película coa técnica Stop Motion para presentar ao concurso Nos tamén creamos, da Editorial OQO e TVG.

Non resultamos gañadores, pero iso é o de menos, xa que aprendimos moito e pasamolo moi ben, elaborando as personaxes e poñendolle voz, o escenario... do conto Quen levou á Lúa?

Podedes ver o resultado na seguinte ligazón:

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/quen-levou-a-lua-ceip-san-martino

B de Bico e C de Cuidar





Dende a clase de Atención Educativa, traballamos dúas letras:
 a C e B a través das palabras CUIDAR e BICO.
Por que?
Porque desenvolvemos o Proxecto Convivimos da Fundación Meniños.
Esperamos que vos guste.
Patricia


B de Bico



C de Cuidar

martes, 16 de xuño de 2015

SAÍDA AO PAZO DE LOURIZÁN

Hoxe o alumnado de Educación Infantil visitou o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.





























Viron moitas clases de árbores e, no invernadoiro chamáronlles especial atención as plantas carnívoras...



                                                                                                











martes, 9 de xuño de 2015

O VERME DA SEDA REMATA O SEU CICLO

O noso compañeiro Jaime trouxo as bolboretas, resultado final da metamorfose dos vermes da seda. Estas puxeron moitos ovos, que estarán inactivos verán, outono e inverno ata eclosionar na primavera, coincidindo coa aparición das primeiras follas da moreira coas que se alimenta o verme.