martes, 24 de decembro de 2013

BOAS FESTAS

O último día de cole tivemos a visita de Papá Noel do que vos deixamos algunhas imaxes





luns, 16 de decembro de 2013

FROITA PARA MERENDAR

Os monicreques de Raquel aumentaron as ganas de merendar a froita que trouxeran e de degustar novos sabores nos pequenos e pequenas, como mostran as fotos.












                                             

ALIMENTACIÓN E HÁBITOS SAUDABLES


O pasado venres día 13 visitounos Raquel Queizás co seu espectáculo de monicreques que facía referencia á alimentacion e aos hábitos saudables.
@s nen@s de E.I. participaron e disfrutaron moito con estes monicreques feitos con materiais de refugallo.








venres, 13 de decembro de 2013

PREHISTORIA

Aprendimos tanto da Prehistoria que tivemos que facer un mural con parte dos nosos coñecementos.
E tamén uns fermosos adornos de Nadal.
 
 
 
 

xoves, 12 de decembro de 2013

EXCURSIÓN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O pasado xoves día 5 fixemos unha visita ao Museo de Pontevedra, onde nos ensinaron unha exposición sobre a prehistoria e outra sobre adornos do Nadal que teñen so nestas datas, ambas moi interesantes e moi ben adaptadas ao alumnado como podedes comprobar nesta pequena mostra de fotografías